Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23366

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo

ANUNCIO do 2 de maio de 2019 sobre a convocatoria de axudas ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago.

A Sociedade Anónima e Xestión do Plan Xacobeo prevé, no seu seu obxecto social, as relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago. Considérase clave a colaboración a distintos niveis coas devanditas entidades, pois son historicamente o máis relevante factor de dinamización desde a sociedade civil do Camiño e das súas rutas, tanto en Galicia como no resto de España e noutros países do mundo.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), para o cal se habilita un enlace na Guía de procedementos e servizos co código CT300A.

No caso de asociacións ou entidades estranxeiras (asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación), co fin de proceder á solicitude e aos trámites por medios electrónicos, designarán un representante con sinatura dixital en España.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As bases poderanse consultar na sede da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, na web www.turismo.gal/axudas-asociacions ou no teléfono 881 99 62 64/881 99 62 65.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Isaías Juan Calvo de la Uz
Director de Administración e de Relacións coas
Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago