Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de caducidade e abandono definitivo de labores da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Cillarga número 2668 (PO/C/02668), nos termos municipais de Ponteareas e Mos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), ante a Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Gravas e Áridos do Louro, S.L.

NIF: B36272334.

Acto notificado: resolución de caducidade e abandono definitivo de labores da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Cillarga nº 2668 (PO/C/02668), nos termos municipais de Ponteareas e Mos, provincia de Pontevedra.