De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.
Debido aos resultados das eleccións de representantes das persoas traballadoras nas empresas e na Administración Pública, na data do 31.12.2018, é necesario mudar a composición da representación da parte social no Consello, cuxa nova composición é: tres representantes da CIG, dous representantes do sindicato UGT-Galicia e dous representantes do SN de CC.OO. de Galicia.
Facendo uso do disposto no artigo 7 da dita resolución, a Confederación Intersindical Galega acordou o nomeamento de tres membros titulares e tres membros suplentes e o sindicato UGT-Galicia acordou o nomeamento de dous membros titulares e dous membros suplentes do Pleno do Consello de Relacións Laborais.
Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1
Nomear como membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega, a Francisco Xavier González Sio, Miguel Malvido Cabirto e Lucía Freire Ces e como membros suplentes a Antonio Mera de la Fuente, Margarida Corral Sánchez e Susana Méndez Rodríguez.
Artigo 2
Nomear como membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a José Carlos Rodríguez del Río e Beatriz Meilán del Río e como membros suplentes a Josefina Martínez Bao e Víctor Fernández Prieto.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria