Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22946

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2019 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas e se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, convocadas mediante a Resolución do 29 de novembro de 2018.

Mediante a Resolución reitoral do 29 de novembro de 2018 (DOG do 30 de novembro) convócanse probas selectivas para cubrir tres prazas na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Na base quinta da convocatoria disponse que o tribunal cualificador das probas selectivas será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co indicado e finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Quinto. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros titulares e suplentes do tribunal:

Tribunal titular:

Presidenta:

– María Pilar Martínez García, funcionaria de carreira da USC.

Vogais:

– Julio Ignacio Iglesias Redondo, profesor titular de universidade da USC.

– Alba Nogueira López, catedrática de universidade da USC.

– Carlos Alberto Gómez Otero, funcionario de carreira da USC.

Secretaria:

– Maruxa Casal Reyes, funcionaria de carreira da USC.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Xosé Antón Freire Ramos, funcionario de carreira da USC.

Vogais:

– María Belén Trigo García, profesora contratada doutora da USC.

– Carlos Alberto Amoedo Souto, catedrático de escola universitaria da Universidade da Coruña.

– Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da USC.

Secretaria:

– Nieves Rodríguez Díez, funcionaria de carreira da USC.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela