Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22952

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4063/2019).

Neste órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 4063/2019, por instancia do procurador Javier Carlos Sánchez García, en nome e representación do Concello de Cambre (A Coruña), no cal se demanda a Axencia Galega de Infraestruturas e se impugna o Acordo da Xunta de Galicia (Consello de Goberno), do 5 de decembro de 2018, polo cal se aproban o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da Vía Ártabra, tramo N-VI/AP-9, coa clave AC/04/156.01.4.1.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 22 de marzo de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 22 de abril de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza