Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22757

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia, polo que se actualizan as táboas salariais dos anos 2017, 2018 e 2019.

Visto o acordo da comisión paritaria do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia polo que actualizan as táboas salariais dos anos 2017, 2018 e 2019, que se subscribiu entre a representación empresarial e as organizacións sindicais CIG, UGT-Galicia e SN de CC.OO. de Galicia, na reunión que tivo lugar o 5 de abril de 2019, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do Convenio colectivo autonómico de eventos,
servizos e producións culturais de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 5 de abril de 2019, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24 baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que forman parte da comisión paritaria do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia.

Representación empresarial:

Belén García Pichel (Escena Galega).

Carlos Boado García (AGEM).

Beatriz Fernández Rivera (AGEM).

Representación social:

Roberto Alonso Iglesias (CIG).

Raimundo Méndez García (UGT-Galicia).

Mª Teresa Pérez Pardo (SN de CC.OO. de Galicia).

Logo do debate e da análise das cuestións obxecto desta reunión por parte das representacións presentes nesta comisión, procede reflectir en acta o seguinte:

1. Actualízanse as táboas salariais dos anos 2017, 2018 e 2019 segundo o disposto no artigo 5 do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia, que se recollen como anexo I.

2. Os membros da comisión delegan no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade dos acordos reflectidos na presente acta ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, remata a reunión ás 12.00 horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

ANEXO I

Convenio de eventos. Táboas 2016

Grupos

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Hora extra

Hora extra nocturna

I

21.211,36

1.767,61

12,66

16,46

19,00

II

19.590,01

1.632,50

11,70

15,20

17,54

III

17.457,37

1.454,78

10,42

13,55

15,63

IV

15.851,79

1.320,98

9,46

12,30

14,20

V

14.677,59

1.223,14

8,76

11,39

13,14

Convenio de eventos táboas 2017 (IPC 2016 foi o 1,6 %)

Grupos

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Hora extra

Hora extra nocturna

I

21.550,74

1.795,89

12,86

16,72

19,30

II

19.903,45

1.658,62

11,89

15,44

17,82

III

17.736,69

1.478,06

10,59

13,77

15,88

IV

16.105,42

1.342,12

9,61

12,50

14,43

V

14.912,43

1.242,71

8,90

11,57

13,35

Convenio de eventos táboas 2018 (IPC 2017 foi o 1,1 %)

Grupos

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Hora extra

Hora extra nocturna

I

21.787,80

1.815,65

13,00

16,91

19,52

II

20.122,39

1.676,86

12,02

15,61

18,02

III

17.931,79

1.494,32

10,70

13,92

16,05

IV

16.282,58

1.356,88

9,72

12,63

14,59

V

15.076,47

1.256,38

9,00

11,70

13,50

Convenio de eventos táboas 2019 (IPC 2018 foi o 1,2 %)

Grupos

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Hora extra

Hora extra nocturna

I

22.049,25

1.837,43

13,16

17,11

19,75

II

20.363,86

1.696,99

12,16

15,80

18,23

III

18.146,97

1.512,25

10,83

14,09

16,25

IV

16.477,97

1.373,16

9,83

12,79

14,76

V

15.257,39

1.271,46

9,11

11,84

13,66

Quebrantamento moeda

Mes

Xornada

2016

50,00

15,00

2017

50,80

15,24

2018

51,36

15,41

2019

51,98

15,59

Axudas de custo

Almorzo

Xantar

Cea

2016

6,00

16,50

13,50

2017

6,10

16,76

13,72

2018

6,16

16,95

13,87

2019

6,24

17,15

14,03