En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (Agantro).
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego