Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de abril de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 26 de abril de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Onde Sempre

Lady Johanna Rivera Rojas

Rúa Ánxel Fole, nº 32

Baralla

Don Pepe

Mª Ángeles Serén

Avda. de Santiago

Friol

Portavella

Portavella, C.B.

Praza do Campo, nº 11

Lugo

Domingo Marcos Zarauza

Domingo Marcos Zarauza

Baldomir

Folgoso do Courel

Parrillada Monteserín

Álvaro Vidal Monteserín

Rúa Cantalarrana, nº 2

Rábade

Cervecería Baco

David Rodríguez Cruz

Rúa Mariña Española, nº 17

Lugo

O Tren

Noldorin, S.L.

Rúa Mariña Española, nº 1

Lugo

Ribanova

Pub Musical Ribanova, S.L.

Rúa San Roque, nº 6

Ribadeo

Plaza

Antonio Fundoni

Rúa Cidade de Mondoñedo, nº 11

O Vicedo

O Trasmallo

Manuel Rodríguez Santamarina

Rúa Amando Pérez, nº 4

Ribadeo

La Columnas II

Teijeiro Fernández, S.L.

Rúa Portugal, nº 113

Rábade

Fonfría

Bianca Núñez Alba

Castelao

As Nogais

Cervecería Da Vinci

David Enrique Sánchez González

Rúa do Miño, nº 2-4

Lugo

Royal Boundary

Royal Lugo, S.L.

Rúa Bolaño Ribadeneira, nº 4

Lugo

Salazón

Mª José Álvarez Fernández

Rúa Rosalía de Castro, nº 11

Lugo