Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle de iniciativa privada denominado vía de nova apertura entre os números 59 e 63 da rúa Manuel Iglesias.

Exp. núm. 822.2018.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vila de Cruces, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de abril de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Confirmar a aprobación inicial producida por silencio administrativo do estudo de detalle en solo urbano de media densidade. Vía de nova apertura entre o número 59 e 63 da rúa Manuel Iglesias de Vila de Cruces, co fin de reaxustar as aliñacións establecidas nas normas subsidiarias municipais; presentado por iniciativa de José Santiso Lorenzo e María del Carmen Torreiro Penas (RE 2597, do 24.8.2018), versión en formato electrónico (RE nº 2018-E-RC-2914, do 28 de setembro de 2018).

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo un mes, mediante anuncios, por conta dos promotores, no Diario Oficial de Galicia e no xornal Faro de Vigo. Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo ou obter copias para efectos da presentación das alegacións que se consideren pertinentes. O expediente completo pode consultarse nas dependencias municipais e o documento aprobado inicialmente, na sede electrónica deste concello (portal de transparencia > normativa> proxectos en tramitación), na seguinte ligazón: https://viladecruces.sedelectronica.es/transparency/0291e56b-176d-4ade-b38a-02719500470a/.

Terceiro. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos que resulten afectados.

Cuarto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial para que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial.

O que se publica a fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará á disposición de calquera persoa na sede electrónica deste concello [https://viladecruces.sedelectronica.es/], no portal de transparencia [2. Normativa-2.2 Proxectos en tramitación].

Vila de Cruces, 15 de abril de 2019

Jesús Otero Varela
Alcalde