Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22655

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no primeiro cuadrimestre do ano 2019 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

– Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para actividades de divulgación, difusión, promoción, calidade e imaxe da xeotermia en Galicia.

Obxecto: realización de actividades relacionadas co fomento da xeotermia en Galicia durante o ano 2019, asignando os recursos necesarios para levalas a cabo.

Sinatura: 6 de marzo de 2019.

Importe: 55.385,00 €.

– Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e os socios participantes no proxecto Desarrollo de estructuras multimaterial para aplicaciones offshore con solicitaciones severas de fatiga y durabilidad en ambiente marino (MIAMI)

Obxecto: a realización dos ensaios do prototipo MIAMI de acordo co proxecto técnico presentado na Demarcación de Costas do Estado en Galicia.

Sinatura: 18 de marzo de 2019.

Importe: 0,00.

– Nº: 3.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Escudería Coruña para a realización dun evento relacionado coas enerxías renovables.

Obxecto: regular as condicións de cooperación ente o Inega e a Escudería Coruña para levar a cabo o Eco-Rallye da Coruña 2019.

SInatura: 25 de marzo de 2019.

Importe: 5.000,00 euros.