Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2015/201-1.

Conforme o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas descoñecidas, das cales se descoñece o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 27 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do dito expediente, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 17 de abril e no Boletín Oficial da provincia núm. 63, do 2 de abril.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que as persoas interesadas poderán examinar o expediente e achegar as súas alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de abril de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificación 2 para o recuamento da LMT GRN708 na rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 8.

Propietaria/o: descoñecida/o.