Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 394/2018).

SS. Seguridade Social 394/2018.

Procedemento de orixe: sobre Seguridade Social.

Demandante: Braulio Barros Ares.

Graduada social: Laura Prieto Currás.

Demandados: SEPE, Campiñas de Laíño, S.A., TXSS, Hipescar, S.L. (B-15219967), Refojo y González, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Servizo Público de Emprego Estatal, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 393/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Braulio Barros Ares contra a empresa SEPE, Campiñas de Laíño, S.A., TXSS, Hipescar, S.L. e Refojo y González, S.L., sobre Seguridade Social, se ditou, con data do 11 de abril de 2019, a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Considérase desistida a parte demandante das accións exercidas contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS).

Debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Braulio Barros Ares contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra as entidades Campiñas de Laíño, S.A, Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. e, en consecuencia, debo declarar o dereito do demandante a percibir a prestación de desemprego na contía da base reguladora diaria de 43,81 euros, co dereito á percepción das diferenzas da prestación que se vaian xerando, xuros, revalorizacións e complementos que legalmente correspondan e con todos os dereitos inherentes á dita declaración, e condeno todas as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, coa obriga de anticipo por parte do SPEE e sen prexuízo da acción de repetición fronte ás empresas e codemandadas.

Notifíqueselles á partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se efectúe a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto ao nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “Recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza