Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de estradas de clave 127/18.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido practicar a notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei as ditas persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para compareceren na sede desta xefatura territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 9 de abril de 2019

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

127/18

Manuel Gallo Concepción

Incoación expediente

61.2.a)

PO-244, Pontecaldelas-Soutomaior