Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de abril de 2018 pola que se notifica requirimento do 29 de marzo de 2019 de retirada de vehículo con matrícula 4221BTS, abandonado no dominio público portuario do porto de Ribeira (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica á mercantil Armadora Parleros, S.L., con CIF *****2340, en tanto que propietaria do vehículo camión marca MAN, modelo 181924X2, con matrícula 4221BTS, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo denuncia da policía portuaria do porto de Ribeira, o vehículo que se identifica atópase estacionado en estado de abandono no porto de Ribeira desde hai máis dun ano.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Ribeira.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá en consecuencia ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia