De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.
Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.
As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Lugo, 15 de abril de 2019
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado/a |
Núm. expte. |
Efectos xurídicos |
Data da resolución |
NIE: X9600879N |
2017/167/27 |
Improcedencia de medida administrativa |
4.2.2019 |
DNI: 34311422E |
2005/136/27 |
Cambio de recurso |
10.1.2019 |
DNI: 33342231M |
2007/73/27 |
Cambio de medida administrativa e mantemento de recurso |
22.1.2019 |
DNI: 44836195H |
2018/77/27 |
Asunción de medida administrativa |
15.1.2019 |
DNI: 44836195H |
2018/78/27 |
Asunción de medida administrativa |
15.1.2019 |
DNI: 44836195H |
2018/79/27 |
Asunción de medida administrativa |
15.1.2019 |
NIE: X7946820K |
2016/72/27 |
Cesamento de recurso |
7.2.2019 |
Gheorge Popia |
2018/97/27 |
Asunción de medida administrativa |
15.2.2019 |
Wilfredo Carreño Espinosa |
2015/114/27 |
Asunción de medida administrativa |
15.2.2019 |
Wilfredo Carreño Espinosa |
2015/115/27 |
Asunción de medida administrativa |
15.2.2019 |