Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO da Resolución do 11 de marzo de 2019 referente á convocatoria para prover unha praza.

No BOP da Coruña número 54, do 20 de marzo de 2019 (correccións de erros e información no BOP da Coruña número 57 e 64, do 25 de marzo de 2019 e 3 de abril de 2019) publicáronse integramente as bases específicas que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de técnico medio, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Así mesmo, as bases xerais que regulan os procesos selectivos publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 125, do 4 de xullo de 2016.

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faránse públicos na forma prevista nas propias bases.

Oza-Cesuras, 15 de abril de 2019

José Pablo González Cacheiro
Alcalde