Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 22016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 6 e 7 da área de repartición AR-S2 Cancelo do Medio.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2019, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 6 e 7 da área de repartición AR-S2 Cancelo do Medio, redactado polo arquitecto José Antonio Canedo Zapata por instancia de Ana Belén Varela González e Roberto Vegas Fuentes, e levantar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico: https://goo.gl/2BqJBh.

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra o acordo da súa aprobación poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Laracha, 28 de febreiro de 2019

José Manuel López Varela
Alcalde