De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, así como na Resolución do 25 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses, esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicando os postos convocados aos/ás funcionarios/as de carreira pertencentes ao corpo de médicos forenses que se relacionan no anexo I.
Segundo. Declarar desertos os postos relacionados no anexo II.
Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma das Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, en que o prazo será dun mes, tanto se o posto de traballo é o de orixe coma se é o de destino. Cando o adxudicatario da praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.
O prazo para a toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.
Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita publicación.
O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos aos interesados.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados competentes do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto nos artigos 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
ANEXO I
Fase de concurso
Adxudicatario/a |
DNI |
Nº de orde |
Posto adxudicado |
Centro de traballo |
González Varela, Inés |
***9699** |
79 |
XG9251820015001308.00 |
Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección da Coruña |
Vila González, Paula |
***9691** |
116 |
XG9251820036560309.00 |
Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección de Vigo |
ANEXO II
Prazas desertas
Nº de orde |
Centro de traballo |
ATP |
Localidade |
Provincia |
Vacantes |
Posto |
80 |
Instituto medicina legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Coruña, A |
A Coruña |
1 |
XG9251820015001309.00 |
84 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Ferrol |
A Coruña |
1 |
XG9251820015350304.00 |
91 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
1 |
XG9251820015770307.00 |
92 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
1 |
XG9251820015770308.00 |
94 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Lugo |
Lugo |
1 |
XG9251820027001302.00 |
97 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Lugo |
Lugo |
1 |
XG9251820027001305.00 |
101 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Ourense |
Ourense |
1 |
XG9251820032001304.00 |
102 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Ourense |
Ourense |
1 |
XG9251820032001305.00 |
107 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Pontevedra |
Pontevedra |
1 |
XG9251820036001305.00 |
115 |
Instituto Medicina Legal. Subdirección |
Médico forense (xeneralista) |
Vigo |
Pontevedra |
1 |
XG9251820036560308.00 |