De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da suspensión preventiva do dereito na renda básica de emancipación.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE |
Dependencia de comparecencia |
RBE-35161-11 |
36133387L |
Vigo |
RBE-36152-11 |
39456132T |
Vigo |
Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º. 36206 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 49 45 62.