Con data do 3 de abril de 2019 o DOG fixo pública a Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para a cobertura de 147 postos de auxiliares de policía local. Finalizado o prazo de solicitudes e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para a cobertura de 147 postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 25 de marzo de 2019 (DOG núm. 65, do 3 de abril).
A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.
A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.
Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.
A Estrada, 2 de maio de 2019
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Apelidos |
Nome |
Motivo da exclusión |
Calvo Bernárdez |
Pablo |
1 |
Gamallo Pereiras |
Marta |
1 |
Martínez Gundín |
Miguel |
1 |
Nunes Silva Lourenço |
Hellon |
2 |
Posse Arca |
María de la Paz |
1 |
Rodríguez López |
Abelardo |
1 |
Causas da exclusión:
1. Non pagou a taxa.
2. Non é español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.