Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG 632).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 1622, do 24 de abril de 2019, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación volumétrica na rúa Uxío Novo Neira, parcela Z-7 do solo urbanizable non programado D-15-R, Romardeiro (Documento 5137, do 3.4.2019).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 25 de abril de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente