Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Gálica Consultoría e Formación, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Gálica Consultoría e Formación, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral de data 6 de febreiro de 2019, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é: rúa Gutenberg, nº 32-B, 1º, local 1 (polígono industrial da Grela), 15008, concello da Coruña, provincia da Coruña.

A Coruña, 16 de abril de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña