Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (7/2019).

Eu, Belén Pereira Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Rosa María Alvariñas Castro contra Total Herramientas, S.L., María Teresa Cividanes Sabaris, en reclamación por despedimiento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 7/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Total Herramientas, S.L., María Teresa Cividanes Sabaris, en ignorado paradoiro, para que compareza o día 9.5.2019 ás 11.25 e 11.30 horas, no andar -1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto 2 da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado técnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da sua citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado técnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a sua designación a través da quenda de oficio. A falta do cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Total Herramientas, S.L., María Teresa Cividanes Sabaris, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 16 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza