Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21305

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (XVB 404/2017 C).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Cafés Templo Food Services, S.L. fronte a Marlenis Hernández Cueto, Claudio González González ditouse Sentenza, con data do 8 de febreiro de 2019, contra a que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días.

E atopándose o dito demandado, Claudio González González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza