Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-66258).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase a persoa interesada que se sinala no anexo ou o seu representante debidamente acreditado o acto administrativo de citación ditado no procedemento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, nº 3 de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse na data indicada no acto de citación que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivo das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 20 de marzo de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-66258

K5415652A

Citación

14.2.2019