Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21083

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 16 de abril de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Mediante a Orde do 12 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles o destino nos postos de traballo que se indica ás persoas funcionarias de carreira que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no número anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Guillermo Carlos Otero Piñeyro-Maseda.

NRP ou DNI: 3333215868 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Innovación e Coordinación Administrativa.

Código do posto: CU.201.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María Carmen Calviño Rodríguez.

NRP ou DNI: 3329369035 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Arquivos e Museos.

Código do posto: CU.301.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María del Pilar Martínez Manso.

NRP ou DNI: 7671267324 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo ou escala: auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de traballo: secretario/a do/da director/a xeral.

Código do posto: CU.301.00.002.15770.001.

Nivel: 18.

Centro directivo: Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.