Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 4 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican resolucións ditadas no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2018/249-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo as resolucións ditadas no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, emprázase a persoa interesada por si ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación das resolucións, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 4 de abril de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2018/249-36.

Documento de identificación portugués: 11388727.

Actos que se notifican: resolucións administrativas de datas 3 de setembro de 2018, 10 de setembro de 2018 e 19 de outubro de 2018.

Efectos xurídicos que producen as resolucións: medida administrativa.