Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dun centro para valorización de residuos de construción e demolición, e almacenamento de residuos non perigosos no parque empresarial de Rianxo, no concello de Rianxo (clave 2018/0054).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de marzo de 2019 do proxecto dun centro para valorización de residuos de construción e demolición e almacenamento de residuos non perigosos no parque empresarial de Rianxo, no concello de Rianxo (A Coruña), promovido por Hermanos Miguens Rial, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático