Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade da Resolución do 8 de abril de 2019 pola que se ratifica a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise pública a resolución ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o 8 de abril de 2019, pola que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos da Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos e se acorda a súa inscrición no tomo II, libro 38, volume 1 do Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro