Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución solidaria do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2019/0099-4.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan a resolución ditada solidariamente no expediente sancionador correspondente.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinalan, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2018/0099-4.

Acta: I362018000104245.

Materia: seguridade e saúde.

Empresa: Catering Low Cost, S.L.

NIF: B27837541.

Enderezo: r/ Colombia, 25, Vigo.

Empresa: Galipontevedra Hostelería, S.L.

NIF: B94144094.

Enderezo: r/ Profesor Filgueira Valverde, 8, baixo, Pontevedra.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Estatuto dos traballadores; artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 3 e 5 e número 2 do anexo II do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 4.4.2019.

Resolución: multa de 2.046 €.

Vigo, 11 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo