Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20428

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril de 2019, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 18202, no artigo 3.1, onde di: «1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do custo subvencionable aprobado.», debe dicir: «1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a intensidade de axuda establecida no artigo 6.1».