Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20625

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Radioterapia Externa da Unidade de Oncoloxía Radioterápica.

Convocada mediante Resolución do 28 de novembro de 2018 (anuncio do DOG núm. 242, do 20 de decembro) a provisión dun posto, polo procedemento de avaliación colexiada, de xefe/a da Sección de Radioterapia Externa da Unidade de Oncoloxía Radioterápica, esta dirección xerencia, en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Radioterapia Externa da Unidade de Oncoloxía Radioterápica convocada mediante Resolución do 28 de novembro de 2018 (DOG núm. 242, do 20 de decembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada/o nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 5 de abril de 2019

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Radioterapia Externa da Unidade de Oncoloxía Radioterápica.

Nome e apelidos: Mª Luisa Vázquez de la Torre.

DNI: ****0547**.