De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada secretaría xeral técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente: 15-BONAL-018/2015.
Interesada: María Begoña Arias Sendón.
Acto notificado: resolución de recurso.