Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente BS210A/LU-0000041429 e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces sen podela practicar, notifícanse a través deste anuncio ás persoas interesadas que figuren no anexo os actos administrativos de citación emitidos nos procedementos instados polas ditas persoas, expedientes que se relacionan no dito anexo.

Emprázanse as ditas persoas para que por si ou a través de persoas que legalmente as representen comparezan no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, de non presentarse na data indicada no acto de citación unha vez notificado, se concorre a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, transcorridos tres meses producirase a caducidade do procedemento e acordarase o seu arquivamento de conformidade co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 27 de marzo de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/procedemento BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000041429

32105434X

Citación BS210A

17.10.2018

LU-0000039332

34133681W

Citación BS210A

  2.11.2018

LU-0000041900

33782052C

Citación BS210A

29.11.2018

LU-0000041861

33740472R

Citación BS210A

29.11.2018

LU-0000041839

76532273A

Citación BS210A

29.11.2018