Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20084

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019 pola que se dá publicidade de varios encargos ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsatec), executados durante o exercicio 2018.

1. Resolución do 15 de decembro de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsatec) o servizo técnico para a atención telefónica durante a elección de permisos de pesca fluvial para a tempada 2018 e durante a reserva telemática de permisos de acceso ao monumento natural Praia das Catedrais.

– Actividade: atención telefónica informativa sobre os servizos, visitas e normas de acceso ao monumento natural Praia das Catedrais.

Atención telefónica durante a elección dos permisos de pesca fluvial para a tempada 2018.

– Natureza e alcance da xestión encargada: este encargo ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

– Prazo de vixencia: do 8 de xaneiro de 2018 ao 15 de setembro de 2018.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, o orzamento de execución ascende á cantidade de 31.047,83 € , con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541B.640.2.

2. Resolución do 20 de decembro de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsatec) as actuacións do servizo técnico durante a realización das probas de capacitación para o adestramento de cans potencialmente perigosos.

– Actividade: traballos de apoio técnico durante a realización das probas de capacitación para o adestramento no ano 2018 e traballos de revisión e posta en marcha da terceira fase de implantación do Rexistro de Identificación de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encargada: este encargo ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

– Prazo de vixencia: ano 2018.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, o orzamento de execución ascende á cantidade de 32.723,34 €, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541B.640.1.

Santiago de Compostela, 15 abril de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda