Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra (procedemento abreviado 96/2019-MS).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, tramítase o recurso 96/2019-MS (procedemento abreviado), interposto por Paula Lorenzo Portela contra a Resolución do 18 de decembro de 2018, da directora xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 31 de xullo de 2018 (DOG núm. 149, do 6 de agosto), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os procedementos para solicitar un grao de carreira consonte o réxime transitorio e excepcional de encadramento, e para solicitar o grao inicial, en aplicación do Acordo de carreira profesional publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2018.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 abril de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos