Anúnciase o alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
1. Entidade adxudicadora: Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
2. Órgano de contratación: o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
3. Obxecto: alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
4. Procedemento: poxa en réxime de libre concorrencia.
5. Orzamento do alleamento: 200.066,02 € máis o 21 % de IVE.
6. Orzamento de execución do proxecto técnico de desmontaxe: 195.885,56 € máis o 21 % de IVE.
7. Obtención da documentación e información:
Perfil do contratante da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.: https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=72&OR=72
Presencial: Servizo de Xestión e Servizos Comúns.
Teléfono: 981 54 08 51.
Correo electrónico: sercom@crtvg.es
8. Presentación de ofertas: epígrafe L da folla de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Criterios de adxudicación: cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019
Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.