Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento de demasía da concesión de explotación denominada La Invencible 1ª fracción, número 4365.1, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas lle outorgou a Sociedade Proinor, S.A. a demasía da concesión de explotación que se describe a seguir:

Nome: La Invencible 1ª fracción.

Número de expediente: 4365.1.

Recurso: sección C.

Termo municipal: Carballeda de Valdeorras.

Titular: Sociedade Proinor, S.A.

Superficie: 13 cuadrículas.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 13 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense