No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 10 de abril de 2019 foron publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (reservada para a mobilidade horizontal) en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.
O procedemento de selección no sistema de mobilidade será o de concurso de méritos.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Guitiriz, 10 de abril de 2019
Regina Polín Rodríguez
Alcaldesa