Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 242/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 242/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cesar Valeiras Jiménez contra Newco Airports Services, S.A. e o Fogasa, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Decreto:

Letrado da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Newco Airports Services, S.A. en situación de insolvencia total polo importe de 7.011,37 euros en concepto de principal, máis outros 701,13 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Newco Airports Services, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza