Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (61/1019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Oribe Devincenzi contra Quatroprint, S.L., Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinte e sete de marzo de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 9/19 de data do 14.1.2019 ditada no procedemento ordinario 504/2017 a favor da parte ejecutante, Fernando Oribe Devincenzi, fronte a Quatroprint, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 9.245,27 euros en concepto de principal (8.100,06 euros en concepto de falta de preaviso, salarios e vacacións non gozadas, 1.091,59 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 6.965,55 euros, 53,62 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os importes correspondentes a vacacións e preaviso que comportan 1.140,45 euros), máis outros 924,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e sete de marzo de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Quatroprint, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 9.245,27 euros en concepto de principal (8.100,06 euros en concepto de falta de preaviso, salarios e vacacións non gozadas, 1.091,59 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 6.965,55 euros, 53,62 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os importes correspondentes a vacacións e preaviso que comportan 1.140,45 euros), máis outros 924,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (núm. expediente xudicial 1589 0000 64 0061 19), con apercibimiento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, procederase ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da súa investigación a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Quatroprint, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimiento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Quatroprint, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza