Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO133771 e nove máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social nesta xefatura territorial no prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 8 de marzo de 2019

O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2.1.e) do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de expediente

DNI

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

11.12.2018

CO133771

47383099V

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO215157

46916953N

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

11.12.2018

CO29571

32366415X

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO215709

X9491119P

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO214625

33057873L

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO215431

Y0493242K

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO215791

X9510019W

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO216041

32798905P

Resolución de caducidade e arquivamento

29.1.2019

CO155728

32388769P

Resolución de caducidade e arquivamento

17.1.2019

CO203474

46918228E