Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO190021).

Despois detentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución á persoa interesada que se sinala no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2; 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que contra a resolución que se notifica poderá interpoñerse a demanda, perante a xurisdición social, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación da dita resolución, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 8 de marzo de 2019

O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2.1.e) do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de expediente

DNI

Resolución desestimatoria de reclamación previa

22.11.2018

CO190021

33252670Y