Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 27 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1).

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 2 para o recuamento da LMT GRN708 na rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 1) a 15 kV cunha lonxitude de 0,122 km, con orixe no apoio D-11 existente da LMT GRN-708 no treito entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), condutor tipo LA-180 mm² AI e remate no apoio núm. 12 proxectado que se instalará na LMT GRN-708, no treito entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 2) a 15 kV cunha lonxitude de 0,216 km, con orixe no apoio 12-5 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708 onde se realiza a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783), condutor tipo LA-56 mm² AI e remate no apoio núm. 12-4-2 existente da LMT GRN-708, no treito entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CC.TT. Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 3) a 15 kV cunha lonxitude de 0,044 km, con orixe no apoio 12-4 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708 no treito entre a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783) e a derivada aos CC.TT. Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3), condutor tipo LA-56 mm² AI e remate no apoio núm. 12-3 existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 4) a 15 kV cunha lonxitude de 0,017 km, con orixe no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708 onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm² AI e remate no apoio que sustenta ao CT Readimix Asland, S.A. (15PBF1).

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 5) a 15 kV cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708 onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm² AI e remate no apoio núm. 14-1 existente da LMT GRN708, onde se realiza o paso aéreo soterrado da LMT particular ao CT Afernosa (15PBE4).

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 6) a 15 kV cunha lonxitude de 0,395 km, con orixe no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708 onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-180 mm² AI e remate no apoio núm. 18 existente da LMT GRN-708, no treito entre o CT Embalse Meicende (expediente 27.537) a retirar e o CT Quinto Pino (expediente 2016/64-1).

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 7) a 15 kV cunha lonxitude de 0,035 km, con orixe no apoio núm. 17 proxectado para intercalar na LMT GRN-708 no treito entre a derivada a os CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBE1) e Afermosa (15PBF1 e o CT Quinto Pino (expediente 2016/64-1), condutor tipo LA-56 mm² AI e remate no apoio núm. 17-1 que substitúe o existente da LMT GRN-708, no treito entre o CT Ramón Muñiz González (15PW95).

• Liña de media tensión soterrada GRN-708 (actuación núm. 1) a 15 kV cunha lonxitude de 0,781 km, con orixe do paso aéreo a soterrado que se realizará no apoio núm. 12 proxectado que se instalará na LMT GRN-708 no treito entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI e remate no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4) despois de realizar entrada e saída no CT Avenida da Coruña proxectado.

• Liña de media tensión soterrada GRN-708 (actuación núm. 2) a 15 kV cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe en cela de liña no novo CT Avenida da Coruña proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI e remate no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio núm. 12-4-1 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no treito entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CC.TT. Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

• Centro de transformación prefabricado CT1 cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

• Centro de transformación intemperie sobre pórtico de formigón (cambio de máquina) CT2 cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

• Desmontaxe do treito de liña aérea entre os apoios D-11 existente da LMT GRN 708 e o núm. 14 proxectado, cunha lonxitude de 236 metros.

• Desmontaxe do CT Embalse Meicende (expediente 27.537).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 2 para o recuamento da LMT GRN708 na rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 5.

Paraxe: Meicende.

Cultivo:

Propietaria/o: Fomento Iniciativas Comerciales, S.L./representante-apoderado: Manuel Dubra.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais soterrados: 60.0.

– Metros cadrados soterrados: 180.0.

Número de predio: 8.

Paraxe: Rigacha.

Cultivo: matogueira.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio núm. : 17-1.

– Metros cadrados: 9.0.