Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente SAAD12-15/576135/2008-28 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos acordos de inicio de expedientes de reintegro de prestacións indebidas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo ou aos seus representantes para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 7 e 9, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro dos ditos actos administrativos.

A notificación entenderase producida coa comparecencia e constancia do coñecemento do acto ou, no caso de non presentarse, finalizado o prazo de dez (10) días indicado.

Advírtese que no acto que se notifica outorgase ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, para presentaren as alegacións ou documentos que consideren convenientes.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A.

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data

do documento

SAAD12-15/576135/2008-28

33224838G

Acordo de inicio de reintegro de prestación indebida

17.4.2018

CO-61856

32536579C

Acordo de inicio de reintegro de prestación indebida

29.10.2018