Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18793

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (857/2016).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 857/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Tiendatienda Espacio, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e fallo din:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de decembro de 2018

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 857/2016, sendo parte nel, como demandante, Martín Sebastián Reyes Carril, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, e como demandado Tiendatienda Espacio, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Martín Sebastián Reyes Carril, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Tiendatienda, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 5.642,56 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar resgardo acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Tiendatienda Espacio, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza