Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente CO-45316 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes, debidamente acreditados, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ás dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Procedemento aboamento ou reintegro prestacións

Nº de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

CO-45316

02189510W

Resolución aboamento de cantidades

25.10.2018

CO-4108

32276314T

Resolución reintegro de cantidades

31.7.2018