Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18687

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300A).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 64, do martes 2 de abril de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16848, anexo IX Declaración responsable de cotas aboadas dos comercios no ano 2018 (artigo 4.2.j B.R) onde di:

«A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA

Que a porcentaxe que representan as cotas ingresadas polos asociados no ano 2018 é igual ou superior ao 30 % do orzamento liquidado no mesmo exercicio».

Debe dicir:

«A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA

Que os comercios asociados aboaron, polo menos, o 70 % das cotas correspondentes ao ano 2018, e dispón da documentación acredtativa que así o demostra».

missing image file