Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Formación y Servicios de Galicia, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Formación y Servicios de Galicia, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 20 de maio de 2018, no Rexistro Provincial da Coruña. Consta como novo capital social mínimo 5.000,00 €.

A Coruña, 18 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña