Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18632

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019 de cesamento e nomeamento de membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

O presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense enviou o día 15 de marzo de 2019 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no que vén, dunha banda, comunicar a renuncia de tres persoas membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense e, doutra, propor o nomeamento dunha persoa como membro do citado órgano.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 1 de febreiro de 2018, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro de 2018, concedeuse a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Entre as persoas que se relacionaban no citado anexo figuraban Iria Aparicio Rodríguez e Mª Eva Pérez López, as cales renuncian agora á súa condición de membro do comité.

Consideracións legais e técnicas:

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, recolle no capítulo III a regulamentación correspondente aos comités territoriais.

No que atinxe á súa composición, os comités territoriais de ética da investigación terán, segundo dispón o número 1 do artigo 9, «unha composición multidisciplinar e estarán formados por un mínimo de nove e un máximo de quince membros de xeito que se asegure a súa independencia, competencia e experiencia na toma de decisións e no cumprimento das súas funcións».

Na actualidade, o Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense conta con trece membros. Xunto coa renuncia das dúas persoas que se citaron anteriormente, proponse a incorporación dunha persoa como novo membro –de xeito que a composición se axusta ao citado tope numérico– que é Mª Elena Gallardo Martín, facultativa especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Pola súa banda, o número 5 do artigo 9 sinala que «os membros destes comités serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada de homes e mulleres».

Visto o exposto, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

O cesamento, por causa de renuncia, de Iria Aparicio Rodríguez e Mª Eva Pérez López como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

Así mesmo, o nomeamento de Mª Elena Gallardo Martín como membro do citado comité territorial.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade